Monday 16 de September de 2024

CEIP de Frións fixo unha limpeza na praia de Castro e a Catía xunto con Amicos


O mercores 12 o C.E.I.P. de Frións xunto con Amicos e a colaboración do Concello Ribeira, adicaron a xornada á limpeza da praia.
O Concello fixo a xestión con Medio Ambiente para informar do protocolo a seguir na limpeza, xa que nos encontramos cunha praia onde aniña a Píllara da Dunas.
O segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta xunto ca concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, estiveron recollendo refugallos con tres bolsas para as diferentes tipoloxías de residuos e a súa posterior pesaxe.
A xornada rematou cunha “gymkana” e cas intervencións do profesorado e concelleiros na que incidiron na concienciación polo medio ambiente e o exitoso proxecto de conservación sa Píllara que se está a exportar a outros lugares de Europa.